O TREGA ante a demagoxia do PSOE (Comisión de Festas do Monte Trega 2004), queremos manifestar o siguiente:
Fai uns anos o PSOE facía demagoxia cos éxitos de Julia Vaquero:
Solicitou axudas económicas, fretou autobuses en apoio a Julia Vaquero para acadar marca mínima para a olimpíada de Barcelona, ¿Porque non acudiron a Vigo ou Pontevedra?, ir a Portugal era mais folclórico. Sabias quen o PP e PSOE, pedíronlle a Julia para que fora na súa candidatura etc..
DEMAGÓXICOS, INCULTOS.., os atletas de nivel xa teñen axudas, os que non teñen axudas son os clubs deportivos minoritarios, que sobreviven con ” esmolas de subvencións” socios e algúns comerciantes, empresarios solidarios co deporte. ¿Por qué non facedes política constructiva solicitando o pagamento das subvencións a os clubs que están pendentes de cobro e que foron aprobadas en Pleno. ¿Por qué non solicitades un aumento das “esmolas de subvencións ” para tódalas entidades deportivas inscritas no Concello? ¿Por qué non facedes apoios para crear infraestructuras deportivas?, ¿Por qué a Comisión actual das festas do monte pagou algunhas débedas e a outros como a S.A.Trega no?
A Sociedade Atlética do Trega solicitou a R.F.E.A e Concello, a organización dun Campionato de España de Cross a resposta dos Gobernantes, partidos políticos, ACIGU foi pasar olimpicamente da proposta, ¿Isto é ter cultura deportiva? ¿Isto é interese polo turismo e promoción do noso Pobo? ¿Isto é apoio as entidades deportivas do pobo?
Cidadáns, para que teñades unha referencia, organizar a Media Marathón Vila da Guarda costa mais ca subvención concedida ao Club. A obrigación dos políticos é solicitar e dar diñeiro , estamos en desacordo con esta DEMAGOXÍA do PSOE, seguramente o Inchado (Presidente da Festa do Monte Trega) e Cía queren unhas MEDALLAS como o Sr. dos demagóxicos o tal Bono, e o concelleiro de deportes do PP medalla de pataludo pola súa labor na desfeita do deporte local. Sr Alcalde, Sres. da oposición queremos pagar as débedas que temos contraídas.
O TREGA NON PARTICIPA EN REGUEIFAS POPULISTAS, OS ATLETAS/DIRECTIVOS QUEREMOS INSTALACIÓNS E ORGANIZAR AS PROBAS CONSOLIDADAS
¿NON TEDES CARTOS PARA UN PREGOEIRO QUE REALCE A FESTA?
SABIAS QUE:
O líder do PSOE dixo publicamente no Cámping Santa Tecla que os clubs non necesitaban subvencións, so necesitan apoio moral. Estas manifestacións son dun aspirante a Alcalde Guardés, deixou a tod@s asistentes abraiados da súa cultura deportiva.