ESTATUTOS DA

SOCIEDADE ATLETICA

DO TREGA

CAPÍTULO I

    Denominación, modalidade, patrimonio e domicilio.

    Artigo 1º.- O Club SOCIEDADE ATLETICA DO TREGA (en diante "O Club") ‚ unha asociación privada con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, que ter  como obxecto exclusivo o fomento e a práctica da actividade física e deportiva, sen  ánimo de lucro, e con  ámbito de actuación comarcal.

    Artigo 2º.- O Club practicará  como principal modalidade deportiva o ATLETISMO e afiliarase   Federaci¢n Espa¤ola de Atletismo, que someter  estes estatutos   aprobaci¢n do Consello Superior de Deportes.

    A Asemblea Xeral poder  acorda-la creación de novas seccións para a práctica doutras modalidades deportivas, debendo adscribirse  s correspondentes federacións españolas.

    Artigo 3º.- O Club sométese o réxime do presuposto e patrimonio propios, coas seguintes limitacións:

    a) Só se poden destina-los seus bens a fins industriais, comerciais, profesionais ou de servicio, ou exercer actividades de igual carácter cando os posibles rendementos se apliquen integramente   conservaci¢n do seu obxecto social e sen que, en ningún caso, poidan repartirse beneficios entre os seus asociados.

    b) A totalidade dos ingresos do Club teranse que dedicar o cumprimento dos seus fins sociais. Cando se tratar de ingresos procedentes de competicións ou manifestacións deportivas dirixidas o público, estes beneficios teranse que aplicar exclusivamente o fomento e desenvolvemento das actividades físicas e deportivas dos asociados.

    c) O Club poder  gravar e allea-los seus bens inmobles, tomar diñeiro a empréstito e emitir títulos transmisibles representativos de débeda ou parte alícuota patrimonial, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

    1) Que sexan autorizadas tales operaci¢ns pola maioría de dous tercios en Asemblea Xeral Extraordinaria.

    2) Que ditos actos non comprometan de modo irreversible o patrimonio da Entidade ou a actividade físico-deportiva que constituía o seu obxecto social.

    3) Cando se trate de tomar diñeiro a empréstito en contía superior o cincuenta por cento do presuposto anual do club, ou que represente unha porcentaxe igual o valor do patrimonio, así como nos supostos de emisión de título, ser  imprescindible a aprobación do Consello Superior de Deportes e, no seu caso, o informe da correspondente federación.

   

    Para a axeitada xustificación do requisito o que se refire o apartado 2) anterior poder  esixirse, sempre que o solicite un cinco por cento, polo menos, dos asociados,  o oportuno dictame económico actuarial.

    En todo caso, o producto obtido do alleamento de instalacións deportivas ou dos terreos en que se encontren, terase que investir integramente na construcción ou mellora de bens da mesma natureza.

 

    Artigo 4º.- O domicilio social fixarase na Guarda (Pontevedra), rúa de Manuel Lomba número 11, tendo, en caso de variación, que dar conta da mesma ¢ Consello Superior de Deportes.

 

CAPÍTULO II

    Clases de socios, admisión, dereitos e obrigacións.

    Artigo 5º.- O número de socios ser  limitado. A Xunta Directiva poder  suspender, sen embargo, a admisi¢n de novos socios cando así o esixiren razóns de aforo ou de capacidade física das instalacións. Os socios poden ser das seguintes clases: de número, honorarios, aspirantes e familiares.

    Artigo 6º.- Son socios de número tódalas persoas maiores de idade que satisfagan a cota social establecida.

 

    Os menores de dezaoito anos, dun ou outro sexo, serán cualificados como socios aspirantes, tendo dereito ¢ uso das instalacións sociais mediante a cota que fixe a Comisión Directiva, e pasar n automaticamente a ser socios de número o cumpriren a maioría de idade.

    Serán socios honorarios aquelas persoas  s que a Comisión Directiva confira esta distinción, e teren un posto de preferencia nos actos oficiais da entidade.

    Son socios familiares todas aquelas persoas que dependan economicamente dun socio de número e convivan con el no mesmo domicilio.

    Artigo 7º.- Os estatutos do Club reco¤eceranlles os socios os seguintes dereitos:

    a) Contribuir o cumprimento dos fins específicos do Club.

    b) Esixir que a actuaci¢n do Club se axuste ¢ disposto na Lei Xeral da Cultura Física e do Deporte,  s súas normas de desenvolvemento e  as disposicións estatutarias específicas.

    c) Separarse libremente do Club.

    d) Coñece-las actividades do Club e examina-la súa documentación.

    e) Expresar libremente as súas opinións no seo do Club.

    f) Ser elector e elixible para os órganos de representación e goberno, sempre que teña cumprida a idade de dezaoito anos e teña plena capacidade de obrar.

    Son obrigacións dos socios de número:

    1) Aboa-las cotas que esixa a Xunta Directiva, aprobadas por Asemblea Xeral.

    2) Contribuír o sostemento e difusión do deporte ou deportes da asociación.

    3) Acatar cantas disposicións dicte a Asemblea Xeral, a Xunta Directiva ou os membros da mesma para o bo goberno da entidade.

    Os socios aspirantes terán dereito a disfrutar dos servicios e instalacións sociais da asociación.

    Os familiares dos socios de número terán dereito a disfrutar daqueles servicios e instalacións que se determinen, tralo pagamento da cota fixada.

    Artigo 8º.- Para ser admitido como socio, en calquera das s£as modalidades, ser  necesario:

    a) Te-la idade sinalada para cada unha delas.

    b) Presentar solicitude por escrito   Xunta Directiva.

    c) Aboa-la cota de ingreso correspondente.

    Artigo 9º.- A condición de socio pérdese:

    1) Por vontade propia.

   

    2) Por falta de pagamento das cotas sociais durante tres meses consecutivos.

    3) Por acordo da Xunta Directiva, fundado en faltas de carácter grave, trala audiencia do interesado.

CAPÍTULO III

    Órganos de representación e goberno.

    Artigo 10º.- A Asemblea Xeral ‚ o órgano supremo de goberno e estar  integrada polos socios con dereito a voto.

    Cando o número destes non exceda de dous mil, poderán intervir tódolos socios directamente. Cando o número de socios exceda de dous mil, elixiranse un mínimo de trinta e tres representantes por cada unidade de millar ou fracción polo sistema de sufraxio libre, igual e secreto.

    Artigo 11º.- Os socios candidatos a representantes deberán ser presentados con quince días de antelación   data da elección, tendo que consta-la súa aceptación.

    A elección dos socios representantes ser  bianual, debendo intervir, polo tanto, en tódalas Asembleas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, que se celebren no período para o que foron elixidos. Non poder n ser elixidos para o seguinte período bianual e a súa asistencia  s Asembleas Xerais ser  obrigatoria.

    As Asembleas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedar n validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a ela, entre presentes e representados, a maioría de socios. En segunda convocatoria ser  suficiente a concorrencia dunha cuarta parte dos asociados. Entre a data da primeira convocatoria e o día sinalado para a celebración da correspondente asemblea deber n mediar, como mínimo, quince días naturais.

    Artigo 12º.- A Asemblea Xeral ser  convocada polo presidente a iniciativa propia ou a petición da Xunta Directiva ou do dez por cento, polo menos, dos socios de número.

    A Asemblea Xeral reunirase, con carácter ordinario, polo menos unha vez ¢ ano para tratar das seguintes cuesti¢ns.

    a) Memoria, liquidación do presuposto, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación, se proceder.

    b) Presuposto para o exercicio seguinte.

    c) Proxectos e propostas   Directiva.

    d) Proposicións que formulen os socios e que terán que ir asinadas, polo menos, polo cinco por cento dos mesmos.

    e) Rogos e preguntas.

    Terase que celebrar Asemblea Xeral Extraordinaria para a modificación de Estatutos, tomar diñeiro en empréstito, emisión de títulos transmisibles representativos de débeda ou de parte alícuota patrimonial, alleamento de bens inmobles, fixación das cotas dos socios e  cando o solicitaren, polo menos, o dez por cento dos asociados.

    Artigo 13º.- A Xunta Directiva estar  formada por un número de membros non inferior a cinco nin superior a vinte,   fronte da cal haber  un presidente e da que formar n parte un vicepresidente e secretario, un tesoureiro e un vocal por cada unha das seccións deportivas federadas.

    O presidente da Xunta Directiva e, no seu defecto aqueles outros membros da mesma que determinen os Estatutos, posuirán a representación legal do Club, actuarán no seu nome e estar n obrigados a executa-los acordos validamente adoptados pola Asemblea Xeral e a Xunta Directiva.

    Corresponderanlle   Xunta Directiva as seguintes atribucións:

    a) Mante-la orde e a disciplina no Club, así como nas competicións que se organicen.

    b) Convocar, por medio do seu presidente,   Asemblea Xeral cando o estimar necesario, cumprindo os acordos e decisi¢ns da mesma.

    c) Sinala-las condici¢ns e forma de admisión de novos socios, así como as cotas de ingreso periódicas que se deban pagar, que ter n que ser aprobadas pola Asemblea Xeral.

    d) Redacta-los regulamentos de réxime interno, fixando as normas de uso das instalacións e as tarifas correspondentes, que terán que ser aprobadas pola Asemblea Xeral.

    e) Nomea-las persoas que te¤an que dirixi-las distintas comisións que se creen, así como organiza-las actividades do Club.

    f) Formular inventario e balance anual, así como redacta-la Memoria anual do Clube, en xeral, aplicar tódalas medidas deportivas, económicas e administrativas precisas para o fomento e desenvolvemento do deporte dentro do Club, aprobado pola Asemblea Xeral.

    Artigo 14º.- A Xunta Directiva quedar  validamente constituída en primeira convocatoria cando concorran a ela a maioría dos seus membros. En segunda convocatoria ser  suficiente a concorrencia, polo menos, de tres dos seus membros e, en todo caso, do presidente ou vicepresidente.

    A Xunta Directiva ser  convocada polo seu presidente con dous días de antelación, como mí¡nimo,   data de celebración. Tamén poder  ser convocada a petición de tres ou máis dos seus membros.

    Artigo 15º.- A Xunta Directiva quedar  tamén validamente constituída cando estean presentes ou representados tódolos seus membros, aínda que non mediara convocatoria anterior.

    Artigo 16º.- O tesoureiro da Xunta Directiva será  o depositario dos fondos do Clube asinará  os recibos e autorizar  os pagamentos e levar  os Libros de Contabilidade.

    Ser  obrigaci¢n do tesoureiro formalizar, durante o primeiro mes de cada ano, un balance de situación e as contas de ingresos e gastos, que se por n en coñecemento de tódolos asociados para a súa aprobación pola Asemblea Xeral.

    Artigo 17º.- O secretario da Xunta Directiva coidar  do arquivo da documentación, redactar  cantos documentos afectaren   marcha administrativa do Club e levar  o Libro de Rexistro de Asociados e o Libro de Actas do Club.

CAPÍTULO IV

    Duración dos mandatos da Xunta Directiva. Substitución e cesamentos.

    Artigo 18º.- A elección dos membros da Xunta Directiva efectuarase por un período de catro anos, renovándose por metade cada dous. A primeira renovación non alcanzar  nin ó presidente nin ó tesoureiro. T¢dolos cargos directivos son reelixibles. Os que presentaren a súa candidatura para presidente terán que demitir do seu cargo con quince días de antelación   data fixada para as eleccións.

    Artigo 19º.- Para o suposto de vacante no seo da Directiva, o presidente poder  nomear substituto e amplia-lo número da súa formación inicial sen excede-lo límite legal, tendo que ser ratificados os novos nomeamentos na primeira Asemblea Xeral que se celebre.

CAPÍTULO V

    Do réxime de elección de presidente e Xunta Directiva.

    Artigo 20º.- A elección de presidente e demais cargos directivos do Club, ben en candidatura pechada ben en aberta, levarase a efecto mediante sufraxio libre, igual, directo e secreto de tódolos socios con dereito a voto.

    As candidaturas para presidente do Club ou membros da súa Xunta Directiva deben ir promovidas, cando menos, por un número de socios con dereito a voto equivalente o dez por cento deles, se o foran nun número inferior a dez mil, que se incrementar  nun dous por cento sobre o exceso, se aquela cifra fora superior.

    Artigo 21.- Ademais do que establece o artigo anterior para a elección da Xunta Directiva e no que se refire ¢s representantes na Asemblea Xeral, o Club aplicar  as normas dictadas para este efecto pola federación da súa principal modalidade deportiva.

CAPÍTULO VI

    Réxime documental.

    Artigo 22º.- O réxime documental e contable do Club estar  integrado polo Libro de Rexistro de Socios, os Libros de Actas e os Libros de Contabilidade.

    Artigo 23.- No libro de Rexistro de Socios deber n consta-los seus nomes e apelidos, documento nacional de identidade, profesión e, no seu caso, cargos de representación, goberno e administración que exerzan no Club. O Libro de Rexistro de Socios tamén especificar  as datas de altas e baixas e as de toma de posesión e cesamento dos cargos aludidos.

    Artigo 24.- Os Libros de Actas consignarán as reunións que celebre a Asemblea Xeral, a Xunta Directiva e os demais órganos colexiados do Club, con expresión da data, asistentes, asuntos tratados e acordos adoptados. As actas serán subscritas, en todo caso, polo presidente e o secretario do órgano colexiado.

    Artigo 25º.- Nos Libros de Contabilidade figurarán tódolos ingresos e gastos do Club, debendo precisarse a procedencia daqueles e o investimento ou destino destes.

CAPÍTULO VII

    Seccións deportivas.

    Artigo 26º.- Cando a Xunta Directiva acorde a práctica dunha nova modalidade deportiva, crear  a sección correspondente, que ter  que afiliarse   federación que proceda.

    Artigo 27º.- Cada sección deportiva ocuparase de todo o relativo   practica da modalidade deportiva correspondente, baixo a coordinación e superior dirección da Xunta Directiva.

   

CAPÍTULO VIII

    Da emisión de títulos.

    Artigo 28º.- O Club poder  emitir títulos de débeda ou de parte alícuota patrimonial, se así se decidir en Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para o efecto.

    Os títulos ser n nominativos.

    Artigo 29º.- Os títulos inscribiranse nun Libro que levar  para o efecto o Club, no que se anotar n as sucesivas transferencias.

    En tódolos tíulos constar  o valor nominal, a data de emisión e, no seu caso, o interese e prazo de amortización.

    Artigo 30º.- Os títulos de d‚beda s¢ poder n ser subscritos polos asociados e a s£a posesi¢n non conferir  ning£n dereito especial ¢s mesmos, salvo a percepci¢n dos intereses establecidos conforme   lexislaci¢n vixente.

    Artigo 31º.- Os títulos de parte alícuota patrimonial serán, asi mesmo, subscritos polos asociados. En ningún caso, estes títulos darán dereito a   percepción de dividendos ou beneficios.

    Artigo 32§.- Os títulos de débeda e parte alícuota patrimonial ser n transferibles unicamente entre os que teñan a calidade de socios, segundo as condicións que, en cada caso, estableza a Asemblea Xeral.

   

CAPÍTULO IX

Réxime disciplinario.

Artigo 33º.- Para os efectos disciplinarios en relación cos asociados ser  de aplicaci¢n directa, en tanto en canto a Xunta Directiva non teña sometido   Asemblea e aprobado por esta un regulamento específico, o disposto no Real Decreto 642/84, do 28 de marzo, sobre Réxime Disciplinario Deportivo.

    O órgano a quen corresponda a potestade disciplinaria ‚ a Xunta Directiva.

    En todo caso, ser  preceptivo para impoñer calquera sanción, a instrucci¢n de expediente con audiencia do interesado.

CAPÍTULO X

Reforma dos Estatutos e disolución do Club.

    Artigo 34.- Os presentes estatutos s¢ poder n ser modificados, reformados e derrogados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para o efecto, adoptado por maior¡a de dous tercios dos socios de n£mero e asistentes.

    A reforma destes estatutos seguir , respecto ¢ Rexistro de Asociaci¢ns Deportivas, os mesmos tr mites administrativos que para a s£a aprobaci¢n e, en todo caso, os establecidos no Real Decreto sobre Clubes e Federaci¢ns Deportivas.

    Artigo 35.- O Club extinguirase ou disolverase por acordo da Xunta Directiva ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria, que se celebrar  para tal fin, aprobado por un mínimo das d£as terceiras partes dos socios de n£mero asistentes.

    Artigo 36.- Disolto o Club, o remanente do seu patrimonio social, se o houber, reverter    colectividade, para o que se comunicar  tal disolución ¢ Consello Superior de Deportes, Federación e   Entidade Territorial correspondente, que acordar  o destino de ditos bens, que ter n que ser destinados ¢ fomento e desenvolvemento das actividades fíáico-deportivas.

    Están as sinaturas dos socios fundadores. Rubricados.

    É COPIA EXACTA DA SÚA MATRIZ, coa que concordan e onde deixo nota. E, para os outorgantes, expídoa en once folios da clase 8ª, serie OH, números 2.901-492  e os seus dez seguintes en orde correlativa. A Guarda, trinta e un de outubro de mil novecentos oitenta e sete. DOU FE.

Nº de Rexistro 1.361

Inscrita no Censo de Entidades Xurídicas

do Ministerio de Facienda co

C.I.F.G36050672