SOCIEDADE ATLÉTICA DO TEGRA.
Estimados señores:
O pasado día 29 de setembro tiven o amargo pracer de disputar a media
maratón organizada por vostedes, e como queira de notei certos detalles
que creo que van contra do máis elemental espiritu deportivo permítanme
facerlle-los saber, coa certeza de que colaborarei a mellorar esta que poderia
ter sido unha magnífica carreira.
Comezarei dicindo que non se poden organizar eventos deportivos se non se conta
con medios para elo. Se vostedes queren facer algo polo deporte busquen apoios
económicos, ben sexa no comercio, no Concello ou na Federación,
que dito sexa de
paso esta dirixada por un personaxe moi pouco competente. Se vostedes reparten
un panfleto anunciando a carreira e facéndose notar coma unha organización
seria teñen
que sufragar os gastos que esto conleva, non poden cobrarnos os afeizoados un
diñeiro para pagarlle os que gañen a proba. Os atletas populares
que somos os que o fin e o
cabo enchemos unha proba, non podemos ser tomados por idiotas. En calquera carreira
que un participa: Santiago, Vig Bay, Ourense, Baiona, Ordenes, Viana do Castelo,
en calquera delas digo, un polo menos ten auga ó chegar. Xa non comentamos
nada das camisetas, gorras, medallas e demáis agasallos que nos dan,
que non deixan de ser caralladiñas pero que deixan a un moi ledo. Un
agarimo polo esforzo.
A finalidade última do deporte se é promovido por xentes con mentalidade
deportiva, e non outra, debe orientarse a que practique deporte a inmensa maioria
da poboación, que os rapaces e mozos se animen a practicar deporte e
se afasten doutros temas que todos sabemos, non é tan importante que
un duzia de corredores cheguen rapidiño que a eses xa non os hai que
convencer. O que vostedes fixeron o outro día e negar completamente o
espirito deportivo.
Se ese homiño que está na federación non lles da diñeiro
para organizar a
carreira (non quero pensar que lle-lo da e gastano noutras cousas), polo menos
que non teña a "jeta" de aparecer por ahí.
Cando o pasado día 29, despois de atoparme mal no transcurso da carreira,
logrei chegar a meta facendo denodado esforzo, caiume a aialma os pes cando
comprobei que xa non queda nin auga para beber .
Xa me dacato de que a vostedes importanlle pouco os corredores populares, pero
quen esta carta lles manda non pensa trasladarse xamais dende Vigo, nin para
esta nin para a carreira de fin de ano a que leva acudindo dende fai sete ou
oito anos.
Vigo, 25 de novembro de 2002
Carlos Carrera Carrera